Os clientes de Movistar Plus+ terá que usar DAZN se queren gozar de todo o fútbol
luns, 27 de xuño do 2022
Hai un mes anunciouse que Movistar Plus+ ofrecería todos os
partidos de LaLiga aos seus clientes xa que viña
de pechar un acordo con DAZN a través do que podería ofrecer os encontros
para os que non ten os dereitos de emisión das tempadas 2022/23 a 2026/27, pero
estas condicións distan bastante das de anos anteriores, como está a notificar
Movistar aos seus clientes.
No comunicado que está a remitir Movistar detalla que o xeito de poder acceder
aos contidos de DAZN é a través da integración da aplicación de DAZN no
descodificador da compañía, de xeito que os contidos de DAZN LaLiga e Movistar
Plus+ LaLiga complementaranse, pero continuarán a estar separados, o que pode
resultar un tanto confuso para os usuarios, e especialmente incómodo no caso de
dispositivos móbiles, xa que os contidos de DAZN estarán dentro da aplicación
móbil da compañía e non dentro da aplicación de Movistar Plus+.
Resultará bastante confuso non saber que aplicación hai que abrir para ver un
partido en concreto, pero este escenario non será único de Movistar, senón que
outras operadoras que tamén están a chegar a acordos con DAZN (como Orange)
tamén manteñen os contidos de DAZN nas súas respectivas canles e aplicacións,
co que a marca DAZN consegue gañar peso, pero os consumidores reciben un
servizo moito máis confuso.
Cómpre salientar que nos últimos días tamén se comenta que Vodafone, operador
que decidiu deixar de lado o fútbol da súa oferta audiovisual, e que podería
recuperalo parcialmente a través de DAZN.