Os creadores de contido terán máis doado facer cartos en Instagram

martes, 8 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Un dos piares para que as plataformas sociais manteñan o seu pulo son os creadores de contido, que en moitas ocasións teñen tal actividade como forma de vida, polo que facilitarlles conseguir ingresos resulta crucial, o que leva a Instagram a preparar novas ferramentas que axuden á venda de produtos e á súa publicidade a cambio de comisións.
Unha das ferramentas máis importantes que están a preparar é a de afiliados nativos, que permitirá que os creadores poidan axuden a descubrir produtos que se vendan en Instagram, para recibir comisións das compras que se realicen a través das súas ligazóns. Os creadores tamén poderán a súa conta persoal cunha tenda nun perfil profesional; e tamén permitirán que os creadores poidan crear tendas de seu con mercadotecnia que proverán distintas compañías (Bravado/UMG, Fanjoy, Represente e Spring).
Polo momento estas funcionalidades están en probas nos EE.UU., pero só é cuestión de tempo que cheguen ao resto do mundo, aínda que non son as únicas ferramentas coas que contarán os creadores, que tamén poderán mellorar a súa interacción cos seus seareiros a través de insignias e estrelas, elementos virtuais que tradúcense en cartos, e que afectan principalmente aos directos. Estas fórmulas de facer cartos en Instagram xa levan un tempo activas, pero desta volta decidiron que os creadores que superen certos niveis de actividade recibirán ingresos adicionais, ou sexa, que buscan incrementar o número de horas de directos realizadas polos creadores, estratexia coa que parecen querer competir con Twitch, plataforma que tamén esixe un grande volume de actividade para que os creadores poidan recibir ingresos.

JPEG - 169.9 KB
Os creadores terán máis posibilidades para contar con tendas de seu e para promocionar produtos alleos a cambio de comisións de compra.

PUBLICIDADE