Os novos Surface chegarán a España o 7 de febreiro
xoves, 3 de xaneiro do 2019
A tenda
en liña de Microsoft para España vén de introducir 3 novos produtos en reserva,
ou sexa, que en breve poderemos mercalos oficialmente no noso territorio, de
xeito que temos máis preto a chegada das novas xeracións dos equipos Surface
Laptop 2 e Surface Pro
6 e, finalmente, a chegada do Surface
Studio 2, ordenador todo-en-un para o escritorio, orientado á creatividade,
e que na súa primeira xeración non chegou a comercializarse en España.
Estes novos equipos anunciáranse
hai 3 meses, destacando o Surface Pro 6 e o Surface Laptop 2 basicamente pola
integración de procesadores Intel de 8ª xeración, o que supón melloras de velocidade,
mentres que o Surface Studio 2 mellora o rendemento un 50%, o brillo da súa
pantalla un 38% e o seu contraste un 22%, de xeito que temos un equipo máis
sólido para os creativos que opten por este tipo de ordenador que permite abater
a súa pantalla para convertese nunha mesa de debuxo, polo que serÃa unha sorte
de convertible que, en vez de ter
formato portátil, temos no noso escritorio (contando asà cun lenzo de traballo
de grande tamaño (28 polgadas).
A data prevista de envÃo destes equipos que xa poden reservarse é o 7 de
febreiro.