Os portátiles Dell XPS 13 estrean procesadores Intel de 8ª xeración e pantallas 4K
xoves, 4 de xaneiro do 2018
Os
portátiles Dell XPS 13, todo un referente nos últimos anos, renóvanse para
incorporar procesadores Intel de 8ª xeración, marcos máis delgados e incluso
coa posibilidade de contar con pantallas 4K nun tamaño moi compacto.
Os novos XPS
13 modelo 9370 parten en España dun prezo de 1.349 euros para unha configuración
cun procesador Intel Core i5-8250U, 8 GB de RAM, 256 de SSD e pantalla Full HD
de 13,3 polgadas (nos EE.UU. está dispoñible un
modelo con menos RAM e almacenamento por 999,99 dólares) contando con
outras configuracións superiores que chegarÃan até o modelo con procesador
Intel Core i7-8550U, con 16 GB de RAM, 1 TB de disco duro e pantalla táctil 4K
de 13,3 polgadas a un prezo de 2.199 euros. Curiosamente o equipo chega ao noso
mercado en cor gris, mentres que nos EE.UU. está dispoñible en cor prata e ouro
rosa.
Resulta evidente que unha das grandes apostas deste equipo é a súa pantalla,
que non só ten un marco moi reducido, senón que tamén conta coa tecnoloxÃa Dell
Cinema que busca maximizar a calidade das cores, a estabilidade do streaming e a nitidez e a forza do son.
A nivel de autonomÃa os modelos con pantalla Full HD poden chegar a funcionar
até 19 horas e 46 minutos traballando con Word ou Excel, de xeito que serÃan
magnÃficos equipos para traballos de produtividade, e incluso contan con portos
Thunderbolt 3, de xeito que poderÃa conectárselle até 2 monitores externos 4K.
Pese ás súas elevadas prestacións os novos Dell XPS 13 manteñen o seu grosor en
7,8-11,6 milÃmetros e o seu peso en 1,21 quilogramos, conseguindo asà un grande
equilibrio entre potencia e mobilidade.