Os portátiles poderán gozar de gráficos propios de equipos de sobremesa grazas a nVIDIA
mércores, 23 de setembro do 2015
Os portátiles gañaron moito terreo aos ordenadores de
sobremesa nos últimos anos, quedando principalmente no escritorio os equipos de
empresa e os orientados aos xogos, pero estes últimos cada vez poden ser máis
portátiles, e para eses xogadores que queren gozar de gráficos de infarto dende
nVIDIA están a dar unha nova moi importante, como é a posibilidade de empregar
tarxetas gráficas propias de ordenadores de sobremesa en portátiles, sen ter
que limitarse a gráficas que engadÃan na súa nomenclatura un M ao final para
dar conta de que se trataba dunha versión para equipos portátiles que tiñan un
rendemento inferior por culpa das limitacións de consumo e refrixeración que
teñen os sistemas portátiles.
Deste xeito nVIDIA confirma que en breve veremos no mercado portátiles con
memoria a 7 Gbps, grandes posibilidades para o overclocking e, especialmente, unha gráfica GeForce
GTX 980 de 2.048 núcleos coa mesma potencia que a de equipos de escritorio.
Estas gráficas virÃan desbloqueadas
para permitir a súa aceleración, o que combinado con modernos sistemas de
alimentación e refrixeración conseguirÃan que un equipo con formato de portátil
puidese ter o rendemento dun equipo de sobremesa de maiores dimensións, podendo
incluso gozar coa potencia suficiente para xerar gráficos con alto nivel de
detalle a 90 fotogramas por segundo, ou sexa, que veremos os primeiros
portátiles que cumpran as especificacións recomendadas para os sistemas de realidade
virtual Oculus Rift.
Xa hai varios fabricantes de portátiles para gamers que confirmaron que integrarán as novas gráficas de nVIDIA,
como o impresionante Asus
GX700, que destaca por gozar dun sistema de refrixeración por auga.
- O Asus GX700 pode colocarse nunha base con refrixeración lÃquida que posibilita o seu overclocking