Os primeiros reloxos con Android Wear xa están á venda por 199 euros
xoves, 26 de xuño do 2014
Durante o
Google I/O anunciáronse parte das novidades que achegará a tecnoloxÃa Android
Wear, centrada principalmente nos smartwatches,
dispositivos que queren popularizarse, e como puntas de lanza desta nova aposta
de Google temos que na tenda en liña da compañÃa de Mountain View xa
están dispoñibles en reserva os primeiros produtos reloxos de pulso con Android
Wear, que son o xa coñecido LG G Watch (á
venda por 199 euros e con previsión de comezar a enviarse aos consumidores
o 3 de xullo) e o novo Samsung Gear Live (á
venda por 199 euros, que prevé remitirse aos compradores a partir do 8 de
xullo).
O Samsung Gear Live é un produto bastante interesante, por ser un reloxo de
pulso bastante compacto (ten un grosor de 8,9 milÃmetros) e lixeiro (59 gramos)
que funciona cun procesador a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM e 4 Gb de almacenamento
interno, contando loxicamente con conectividade Bluetooth 4.0 de baixa enerxÃa
para enlazarse ao móbil e concentrando sensores como acelerómetro, compás
dixital, xiroscopio e monitor de frecuencia cardÃaca, que pode resultar moi
interesante como alternativa aos reloxos deportivos, e que presenta a
información nunha pantalla SuperAMOLED de 1,63 polgadas cunha resolución de 320
x 320 pÃxeles. Dado que é un dispositivo para o uso diario, conta con
certificación IP67, ou sexa, que é resistente á auga e ao po. A súa principal
eiva parece ser a súa baterÃa de 300 mAh, que só permitirÃa un dÃa de uso, o
que dificilmente solucionarán os primeiros reloxos deste tipo que opten por
tecnoloxÃas de pantalla tradicionais.
O xa coñecido LG G Watch comparte moitas das súas prestacións, parecendo un
chisco máis limitado, xa que carece de monitor cardÃaco e a súa pantalla IPS de
1,65 polgadas só ten unha resolución de 280 x 280 pÃxeles pero, en
compensación, conta cunha baterÃa de 400 mAh (que parece ser o motivo de que o
seu grosor chegue aos 9,95 milÃmetros e o seu peso aos 63 gramos).
Temos asà que a gama de produtos Android Wear comeza polos seus membros menos
atractivos, mentres que o agardado Moto 360 (que coa súa pantalla circular é
moito máis discreto como reloxo de pulso) non chegará ao mercado até o mes de
setembro, tempo que poderÃan aproveitar os novos reloxos para captar
compradores impacientes.
De todos os xeitos, non parece
previsible que esteamos ante uns produtos que vaian supor unha revolución, nin
que vaian ter unhas vendas masivas, como parece demostrar o feito de que os
anteriores smartwatches de Samsung
resulten case invisibles no mercado (e poidan atoparse a prezos realmente
ridÃculos) ou que Sony, con varios anos de experiencia neste tipo de produtos,
aÃnda non conseguise que ningún dos mesmos tivese unhas vendas significativas.
Haberá que agardar a que Apple lance o rumoreado iWatch ou simplemente aÃnda é
moi cedo para que a tecnoloxÃa para
vestir como as Google Glass ou os reloxos conectados sexan produtos que os
consumidores consideren prácticos?
VÃdeo no que podemos ver como será o funcionamento do Moto 360