Os subscritores de Prime poden gozar de Death Stranding en streaming
luns, 2 de decembro do 2024
Os subscritores de Amazon Prime poden comezar decembro con bo pé se son amantes dos videoxogos, xa que Prime Gaming está a incorporar novos xogos que lles achega sen custo adicional, entres os que figuran grandes tÃtulos como Star Wars: Bounty Hunter, Tomb Raider: Underworld, Overcooked! 2 e Call of Juarez: Gunslinger, e aos que nos vindeiros dÃas se incorporarán tamén outras xoias como Quake II, Wall-E e Predator: Hunting Grounds, entre outros.
Pero para moitos será máis interesante a ampliación de xogos que poden utilizarse a través da nube de Amazon Luna, como Death Stranding Director’s Cut (que xustamente chegou a Xbox Series X|S e Amazon Luna hai un mes), a aventura de ciencia ficción The Expanse: A Telltale Series Deluxe Edition ou o frenético xogo de condución Split/Second.
- Prime Gaming ofrece Death Stranding a través de Luna