Os televisores Samsung poderán acceder a contido 8K de Los Anillos de Poder

xoves, 25 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Samsung Electronics vén de anunciar unha colaboración con Prime Video para que os posuidores de pantalla de última xeración de Samsung poidan acceder a contido exclusivo da serie El Señor de los Anillos: Los Anillos de Poder en 8K.
Antes da estrea da serie en Prime Video o vindeiro 2 de setembro os usuarios de televisores Samsung Neo QLED 8K e Micro LED de 110 polgadas poderán gozar de acceso anticipado a escenas exclusivas en resolución 8K, así como tamén se ofrecerá un exclusivo tráiler en 8K da serie.
Con esta acción Samsung quere salientar o seu rol líder no desenvolvemento da tecnoloxía de pantallas 8K, aproveitando un fenómeno audiovisual para poder demostrala no seu esplendor.

PUBLICIDADE