Os televisores de Ikea xa están á venda en Estocolmo
luns, 18 de xuño do 2012
A estrea de Ikea no
negocio da electrónica de consumo deu moito que falar nas últimas semanas,
e agora comeza a converterse en realidade, chegando a semana pasada os
televisores Uppleva á tenda da compañÃa en Estocolmo, para comezar
a súa distribución por outros paÃses europeos a partir do 2 de xullo
(agardándose que no outono poidamos velos en España).
Agora que xa é unha realidade imos coñecendo máis
detalles técnicos dos televisores Uppleva, como que teñen paneis LED Full
HD (1.080p), que polo momento conta con modelos de 24 polgadas (a 50 Hz), 32
polgadas (a 100 Hz) e entre 40 e 46 polgadas (a 400 Hz), poden reproducir
ficheiros MP3, MP4, DivX HD e JPEG, teñen fenda para tarxetas de TDT de pagamento,
contan con 1 porto USB e 2 HDMI no modelo de 24 polgadas e 2 portos USB e 4
portos HDMI no resto e poden equiparse cunha unidade de memoria USB de 8 Gb que
permite gravar as emisións televisivas e facer pausas en directo. AÃnda que daba a impresión de que incluÃa Wi-Fi de
serie, parece que a conectividade sen fÃos tamén chegará a través dun adaptador
externo.
Tamén detallan que o seu sistema de son 2.1 conta cun subwoofer sen fÃos, ten
unha potencia total de 400 vatios, conta con radio FM, emprégase co mesmo mando
a distancia que o televisor e é compatible con smartphones, reprodutores multimedia e outras fontes de audio.
ACTUALIZACIÓN: As primeiras crÃticas sobre a solución para o salón de Ikea aseguran que aÃnda que o concepto é elegante, o televisor non dá o talle nin en calidade de imaxe nin nas súas prestacións como Smart TV.
- Para simplificar a vida do usuario, esta solución integral só contará cun mando a distancia
- O televisor Uppleva chegará como unha solución integral de televisor, reprodutor multimedia e moble en distintas configuracións e estéticas
- O televisor de Ikea conta con funcións avanzadas e uso doado