Os televisores de Samsung actualizan as súas funcións de IA
martes, 5 de agosto do 2025
Samsung Electronics anunciou hoxe unha importante actualización da función Bixby nos seus televisores da gama 2025, incorporando un asistente de voz máis avanzado que permite unha interacción máis natural, intuitiva e continua. A nova versión de Bixby ten como obxectivo facilitar o acceso á información e mellorar a relación dos usuarios cos seus dispositivos, mediante o uso da intelixencia artificial xerativa.
A nova versión de Bixby pode activarse coa voz ou co botón do micrófono en calquera momento, mesmo co televisor apagado, sen necesidade de comandos especÃficos, menús nin escritura. Agora entende mellor o contexto das preguntas, ofrecendo respostas precisas e conversas máis humanas. Grazas á IA xerativa, é quen de responder tanto a cuestións informativas («cal é a altura do Everest?») como a recomendacións contextuais («que música relaxante podo escoitar nun dÃa de chuvia?»), e mesmo achegar información relevante sobre o contido que se está a ver, sen interromper a reprodución.
Ademais, a integración de Bixby con Click to Search facilita descubrir máis sobre o que aparece na pantalla, xa sexa nunha emisión en directo, nun videoxogo, en contidos por streaming ou en Samsung TV Plus. Os usuarios poden consultar sobre actores, programas ou temas de interese e recibir respostas contextuais directamente na pantalla. Tamén pode responder a cuestións máis amplas ou de uso diario, como «dime a receita da pasta» ou «que pelÃculas hai sobre cociñeiros?».
Outra das novidades é a integración máis profunda con SmartThings, o ecosistema de fogar conectado de Samsung. Os televisores equipados con Bixby actualizado poden detectar e controlar electrodomésticos intelixentes coa voz, executando accións como «apaga o forno» ou «pon o aire acondicionado a 25 graos», convertendo o televisor nun verdadeiro centro de control doméstico.
A nova versión de Bixby estará dispoñible nos modelos Neo QLED, OLED, The Frame e QLED da gama 2025, cun lanzamento inicial en Corea do Sur e despregadura posterior a nivel mundial.
