Ourense xa pode gozar da 5G de Yoigo

mércores, 9 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Yoigo anticipou na súa revista deste mes que estaba a prepara un piloto de 5G, e hoxe mesmo estrean a cobertura 5G en 16 cidades españolas (Alacante, Alcobendas, Almería, Ávila, Barcelona, Cartaxena, Hospitalet de Llobregat, Huesca, Xaén, Madrid, Málaga, Melilla, Salamanca, Sevilla, Valencia e Ourense) para ir espallando a súa rede 5G polo resto do territorio nacional progresivamente.
Dende o Grupo MásMóvil aseguran ter 800 MHz de espectro 5G, ou sexa, que Yoigo sería unha das marcas con maior espectro 5G por cliente en España.
Os clientes de Yoigo non terá que pagar máis para gozar desta nova rede 5G, aínda que polo momento a cobertura é moi limitada e precisa dun smartphone que poida tirar proveito desta tecnoloxía. Actualmente Yoigo conta no seu catálogo con smartphones 5G como o Mi 10 Lite 5G (cun prezo bastante axustado), o Samsung Galaxy S20+ 5G e incluso o recente Samsung Galaxy Note 20 5G con 256 GB de almacenamento.

PUBLICIDADE