PNY mellora a velocidade das unidades de memoria USB
luns, 2 de decembro do 2024
As unidades de memoria USB resultan útiles para copiar pequenos arquivos entre dispositivos, de xeito que normalmente para os ficheiros de grande tamaño resultaba máis atinado recorrer a unidades SSD externas, de maior capacidade e velocidade, pero para quen non queira dar tal salto PNY trae a segunda xeración das súas memorias PRO Elite V3 con conectividade USB 3.2.
Falamos de unidades de memoria con capacidades de 256 GB, 512 GB ou 1 TB, que pese a ter un tamaño moi compacto, conseguen velocidades de lectura de até 1.000 MB/segundo e de até 800 MB/segundo de escritura, polo que poden empregarse sen problema para traballar con ficheiros de grande tamaño e con vÃdeos en Full HD e 4K.
Estas unidades están creadas para durar, cunha robusta carcasa de metal en cor negra e compoñentes de calidade para garantir a súa fiabilidade. Pese a que estamos ante unha unidade de nova xeración, pode sorprender o feito de que adoptase un formato USB-A en vez do novo USB-C, pero probablemente isto é debido a que busca unha maior compatibilidade (xa que incluso pode empregarse con equipos que só teñan compatibilidade con USB 2.0).
VÃdeo promocional das novas unidades USB de PNY