PS Plus recibe 3 grandes xogos en outubro
mércores, 28 de setembro do 2022
AÃnda que estabamos afeitos de que os xogos mensuais de
PlayStation Plus fosen pouco relevantes, o panorama parece estar a cambiar, e os
xogos que entran no servizo de subscrición o 4 de outubro son bastante
interesantes. O tÃtulo estrela serÃa Hot Wheels
Unleashed, un simulador de arcade baseado no universo de Hot Wheels,
que permite coleccionar, construÃr e competir tanto en liña (con até 12
opoñentes) como no modo para dous xogadores a pantalla partida.
Estamos ante un
xogo compatible con PS4 e PS5 que saÃu á venda hai un ano, polo que aÃnda ten
un prezo de venda recomendado de 49,99 euros, de aà que poidamos consideralo
como unha grande incorporación aos xogos mensuais de PS Plus.
O resto de xogos mensuais non son nada desprezables, pois serÃan tÃtulos para
PlayStation 4 de bastante éxito, como o xogo de loita Injustice 2 e o orixinal
tÃtulo de acción en primeira persoa Superhot.
En Injustice
2 temos un xogo de loita dos responsables da franquÃa de Mortal
Kombat no que os loitadores son personaxes do Universo DC, de xeito que
teremos combates ultraviolentos protagonizados por Batman, Superman, Wonder
Woman, Harley Quinn e moitos outros personaxes da banda deseñada nun universo
escuro no que o Joker provocou a morte de Lois Lane, levando a Superman a
establecer unha nova orde mundial autoritaria.
Superhot
pola súa banda é un xogo moi orixinal, xa que é un xogo de acción en primeira
persoa con toques de estratexia, xa que cando estamos parados conxelarase o
tempo, o que permite reflexionar sobre os movementos a realizar para superar
diferentes desafÃos loitando e disparando a inimigos aproveitando a vantaxe que
nos dá poder percibir o mundo a cámara lenta.
Estamos asà ante un mes no que calquera dos tres xogos incluÃdos en PS Plus son
dignos de mención, para fortuna dos subscritores do servizo.