Packard Bell terá tablet con Android 3.0
xoves, 7 de abril do 2011
As vindeiras prometen estar movidas no que aos tablets se refire,
pois comezan a chegar ao mercado os dispositivos con Android 3.0, dos que vimos
de coñecer o Packard
Bell Liberty Tab, que vén con pantalla de 10,1 polgadas, tecnoloxía nVIDIA
Tegra 2, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, saída HDMI, lector de tarxetas microSD de
ata 32 Gb, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, 3G e GPS, que chegará ao mercado europeo en
xuño e que curiosamente vai
venderse nos EE.UU. baixo a marca Acer.
Este novo tablet ten unha pantalla de 16:10 cunha resolución de 1.280 x 800
píxeles, son de alta calidade grazas a un chipset Dolby Mobile e unha batería
que achégalle unha autonomía dunhas 10 horas.