Packard Bell venderá o seu tablet con Android 3.0 a 399 euros

mércores, 23 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Parece que este Nadal imos ter as tendas de informática repletas de tablets coa intención de roubar parte da torta do iPad, e para facer tal Parckard Bell achega o seu Liberty Tab, un dispositivo con Android 3.0 e pantalla de 10,1 polgadas que funciona cun procesador nVIDIA Tegra a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno ampliables mediante tarxetas microSDHC, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, HDMI, USB 2.0, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, ata 10 horas de autonomía, unhas dimensións de 260 x 179 x 14 milímetros e un peso de 765 gramos que vai chegar ás tendas españolas a un prezo de 399 euros.
Entre os detalles que permiten destacar ao Liberty Tab fronte ao iPad están o soporte de Flash Player 10.3 e a posibilidade de reproducir vídeos nos formatos multimedia máis habituais.

PUBLICIDADE