Panasonic Toughbook: un tablet Android resistente

venres, 17 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O tablet de Panasonic terá unha pantalla de 10,1 polgadas e unha carcasa reforzada

Panasonic van vender o último trimestre do ano un novo tablet co sistema operativo Android que destaca por estar deseñado para ser especialmente resistente, para facelo axeitado para utilizar en operacións de campo e para dotalo duns niveis de seguridade e resistencia que esixen moitas empresas e administracións.
O Panasonic Toughbook terá unha pantalla multi-táctil XGA de 10,1 polgadas, de alta luminosidade e evitando o uso dunha pantalla brillante para facilitar a súa lectura ao aire libre. Tamén incluirá un stylus que funcionará coa súa pantalla para facilitar o rexistro de sinaturas a man (especialmente útil para usos comerciais).
O tablet de Panasonic integrará GPS, unha boa autonomía, accesorios de alta calidade e a posibilidade de configurarse con conectividade 3G ou 4G.

O Panasonic Toughbook funcionará co sistema operativo Android

PUBLICIDADE