Panasonic achega a España unha nova cámara compacta para os máis viaxeiros
luns, 22 de xuño do 2015
A nova cámara fotográfica Panasonic
Lumix TZ70 chega por fin a España, como un complemento ideal para as
vacacións de verán, xa que é unha cámara moi versátil, compacta e potente que
tanto pode empregase para disparar instantáneas en contornos pouco iluminados
como para gravar vídeo de calidade profesional (chega a Full HD a 50 imaxes en
progresivo).
A TZ70 incorpora un sensor MOS de 12,1 Mpíxeles, cun tamaño de píxel 1,5 veces
maior que a Lumix TZ60 (o que permite unha captación de imaxes máis definidas e
cun nivel de ruído moi inferior baixo pouca luz). Conta cun obxectivo grande
angular de 24 milímetros LEICA DC VARIO-ELMAR e un zoom óptico de 30x, polo que
tanto facilita sacar fotos de grupo como disparar a obxectos a distancia ou
captar con detalle obxectos aos que non podemos achegarnos moito.
Dado que a cámara tamén está pensada para o seu uso en exteriores, aparte da
súa pantalla LCD de 3 polgadas, tamén incorpora un visor electrónico LVF con
sensor ocular cunha resolución de 1.116.000 puntos, o que facilita un encadre
preciso usando o enfoque ou o zoom en situacións nas que a luz non deixa ver a
pantalla.
Para facer doado o traslado das imaxes captadas á Rede, a Lumix TZ70 incorpora
Wi-Fi e NFC e, como curiosidade, mentres outras cámaras inclúen cada vez máis
funcionalidades para facer selfies, a
nova cámara de Panasonic integra a función Jump
Shot, que emprega un acelerómetro para detectar cando o suxeito fotografado
que está a saltar acada a súa altura máxima para realizar a fotografía neses
momento, facendo así doado sacar ese tipo de fotografías tan popular.
A nova cámara pode mercarse en
cor negro ou prata a un prezo de 399,99 euros.
- O Jump Shot é unha curiosa funcionalidade da TZ70
- Panasonic promociona a TZ70 como unha cámara para os usuarios viaxeiros
Vídeo promocional da Panasonic Lumix TZ70