Panasonic lanza un portátil reforzado con pantalla táctil

venres, 6 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os portátiles reforzados son un produto destinado a contornos agresivos (coma os usos militares e industriais) que Panasonic coida bastante, e nos últimos meses está a preparar ordenadores que contan cunhas prestacións cada vez máis avanzadas e menos habituais neste tipo de equipos, e como exemplo ideal temos o novo Panasonic Toughbook CF-52, que sorprende por contar cunha pantalla táctil de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles (cun compartimento para gardar a stylus) capaz de funcionar con excelente claridade incluso baixo a luz do sol.
O equipo funciona cun procesador Intel Core 2 Duo P8400 a 2,26 GHz, conta cunha tarxeta gráfica Intel X4500, Wi-Fi (IEEE 820.11n), Bluetooth 2.0, gravadora de DVD, lector de tarxetas de memoria, teclado iluminado, 2 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, conectividade HSPA opcional, 4 portos USB 2.0, Firewire, fendas PC card e Express, e unha autonomía de 8 horas, por un prezo que estaría próximo aos 2.300 euros.

PUBLICIDADE