Panasonic prepara un terminal con pantalla táctil para avións

mércores, 16 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Para o ano que vén Panasonic podería comezar a instalar en avións comerciais un novo dispositivo con pantalla táctil chamado Karma que serviría para acceder á Internet, consultar o correo electrónico, escoitar música, reproducir vídeos, gozar de xogos e consultar información sobre o voo.
Este dispositivo aínda non ten un deseño final pechado, pero o concepto do Panasonic Karma está claro, e parece que podería converterse nun servizo engadido moi interesante ofertado polas compañías aéreas para entreter aos seus pasaxeiros ou, simplemente, permitirlles estar conectados co resto do mundo sen facer uso de terminais propios coma teléfonos ou portátiles.

O Panasonic Karma permitirá o acceso ao correo electrónico

PUBLICIDADE