Panasonic presenta a cámara máis delgada cun zoom óptico de 20x

mércores, 1 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A carreira polos megapíxeles nas cámaras dixitais ten demostrado ser bastante ridícula, pois non sempre supón unha mellor calidade das imaxes, algo que si conseguen as melloras das ópticas, o que cada vez está menos rifado co formato compacto, como demostra a nova Panasonic Lumix DMC-ZS20, que nun corpo cun grosor de só 2,8 centímetros consegue agochar un zoom óptico de 20x, asegurando Panasonic que é a cámara máis delgado do mundo con tal nivel de zoom.
A cámara tamén conta cun sensor High Sensivity MOS de 14 Mpíxeles, pode disparar ráfagas de 10 imaxes por segundo a máxima calidade, grava vídeo Full HD a 60p en formato AVCHD, pode tomar vistas panorámicas e tamén pode facer instantáneas HDR. Conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas, cárgase mediante USB e integra GPS. Chegará ás tendas en marzo en negro, vermello, branco e prata por 349,99 dólares.

A óptica de 20 aumentos agóchase nun corpo de menos de 2,8 centímetros de grosor

PUBLICIDADE