Panasonic presenta uns auriculares Bluetooth con graves potentes e boa autonomía

xoves, 1 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Aínda que non é moi habitual ver auriculares desta marca, Panasonic presenta os novos RB-HX220B, un auriculares sen fíos de diadema cun deseño ergonómico e lixeiro (180 gramos de peso), que presumen duns graves potentes grazas á tecnoloxía XBS Extra Bass (a través dos seus drivers de 40 milímetros) e teñen unha autonomía de até 23 horas de duración, prestacións que sorprenden bastante se temos en conta que o prezo oficial do produto é de só 39,99 euros.

Os auriculares Panasonic RB-HX220B contan con conectividade Bluetooth 5.0, polo que permiten unha conexión estable e nítida para escoitar música e tamén para atender chamadas telefónicas; as súas almofadas acolchadas prometen un uso confortable durante longas sesións de escoita musical; e o seu deseño encartable fai moi cómodo o seu transporte.

O deseño ergonómico e lixeiro dos auriculares permite un uso confortable durante horas

PUBLICIDADE