Pantalla secundaria de 7 polgadas de Panasonic
venres, 6 de febreiro do 2009
Distintos
fabricantes de informática están a lanzar nos últimos meses pequenas pantallas
secundarias para o ordenador que se conectan por USB (porto do que incluso
achegan a alimentación eléctrica) e que estarían destinadas a presentar
información relativa á reprodución multimedia, a cotización bolsista, as
predicións meteorolóxicas… ou sexa, os típicos gadgets ou widgets que
resultan moi prácticos pero que ocupan espazo no noso escritorio, o que se pode
suplir con pantallas como a Samsung SyncMaster U70, que nas súas 7 polgadas e
cunha resolución de 800 x 480 píxeles
opera como monitor secundario en Windows.
Esta pantalla ten un brillo de 200 nits, unha relación de contraste de 400:1,
un ángulo de visión de 140 graos e un
prezo de 99 euros.