Parrot BOOMBOX: novos altofalantes 2.1 con Bluetooth
mércores, 26 de setembro do 2007
Onte presentaron no Xapón o sistema de son 2.1
Parrot BOOMBOX que recibe a música a través de comunicacións Bluetooth, de
xeito que resultan sumamente axeitados para escoitar música dende o móbil ou
reprodutores multimedia coma o iPod Touch ou o Blusens G12.
O Parrot
BOOMBOX tamén en entrada de audio analóxica, pero os dispositivos Bluetooth
que soporten A2DP poden empregar estes altofalantes de 60 W, 430 x 225 x 150 mm. e 5,6 quilogramos de
peso que se porán á
venda o vindeiro 24 de outubro a 49.350 iens (301,97 euros).
Os usuarios que non teñan reprodutores multimedia Bluetooth tamén poderán
empregar un adaptador Bluetooth que permite empregar tal tecnoloxía sen fíos en
calquera conector de saída de son.