Pavel Durov en liberdade a espera de xuízo
mércores, 28 de agosto do 2024
O pasado sábado pola noite as autoridades francesas detiveron a Pavel Durov no aeroporto francés de Le Bourget no marco dunha investigación que permitía a súa detención até o 28 de agosto, e chegada tal data aconteceu o que moitos esperaban, e o fundador de Telegram foi posto en liberdade.
«O xuíz instrutor puxo fin á custodia policial de Pavel Durov e trasladarao ao xulgado para unha primeira comparecencia e posible acusación» – aseguran as autoridades galas que teñen unha investigación aberta na que relacionan a Durov con 12 supostos delitos, que van dende erros burocráticos por parte de Telegram (por non ter realizado certos trámites obrigados en Francia) até a negarse a colaborar con investigacións criminais.
Dende Politico aseguran que o irmán de Pavel Durov, Nikolaï, tamén estaría en busca e captura en Francia.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente presentaron cargos contra Pavel Durov, prohibíndolle abandonar o territorio francés e presentar en comisaría 2 veces por semana tras pagar unha fianza de 5 millóns de euros.