Pepephone ofrece teléfono fixo baseado en tecnoloxías móbiles

luns, 28 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Ao longo do tempo Pepephone conseguiu gañar a confianza de moitos consumidores, e aínda que esteamos ante unha compañía que principalmente ofrece servizos de fibra e móbil, tamén permite a integracións de telefonía fixa, aínda que só a través de portabilidade.
O que chaman «teléfono fixo ao Pepe» é unha liña de telefonía con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles que mantén a numeración fixa (polo que é compatible cos servizos de teleasistencia), aínda que realmente funciona a través da rede móbil, para o que a compañía cede ao usuario unha caixa de voz na que poder conectar un teléfono fixo tradicional, o que tamén ten unha grande vantaxe: poder levar o número a outra vivenda, por exemplo, en vacacións.
O servizo de teléfono fixo ao Pepe ten un prezo mensual de 12,90 euros e pode contratarse simultaneamente cos combinados de fibra e móbil, caso no que engadir a numeración fixa tería un prezo adicional de só 3 euros/mes. Como vén ser habitual en Pepephone, este servizo carece de compromiso de permanencia.

PUBLICIDADE