Pequena sintonizadora de TDT de elgato

venres, 16 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de ordenadores de Apple xa coñecen dende hai moito os produtos de sintonización de televisión de elgato, compañía que agora sorprende co EyeTV DTT Deluxe, unha sintonizadora externa de Televisión Dixital Terrestre que conéctase ao ordenador por USB e destaca polo seu minúsculo tamaño (inferior ao de moitas memorias USB).
Este pequeno dispositivo é compatible coa TDT de alta definición e inclúe tanto mando a distancia como a aplicación EyeTV 3 para Mac OS X, así coma o TerraTec Home Cinema para Windows (aínda que cómpre destacar que é totalmente compatible incluso co Windows Media Center de Windows 7).
O EyeTV DTT Deluxe está á venda por 79,95 euros.

PUBLICIDADE