Pequenas memorias de 32 Gb e resistentes á auga
mércores, 29 de xullo do 2009
- Este tipo de unidades de memoria é resistente á auga
Super Talent
anunciou a súa familia
Pico de memorias USB que pese a ocupar só 31 x 12 milímetros e pesar
menos de 6 gramos, permiten acoller entre 2 e 32 Gb de datos no seu interior e,
incluso son resistentes á auga, de xeito que poden transportarse con certa
tranquilidade, incluso no noso chaveiro.
Estas unidades permiten unha velocidade de lectura de ata 30 Mb/seg. e incluso
contarán con modelos con soporte de encriptación AES-256 para manter os datos
seguros no seu interior.
A
unidade Pico C de 32 Gb véndese a 85 dólares, mentres que as
unidades con soporte criptográfico incrementan o seu prezo ata os 100 dólares.