Pequeno ordenador con Blu-ray

luns, 7 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que os Mac mini son os equipos informáticos de reducidas dimensións que moitos teñen coma referente, dentro dunha escala semellante Fujitsu Siemens vén de collerlles a dianteira ao incorporar ao seu catálogo o Esprimo Q1500, que é un equipo con tecnoloxía Intel Mobile cun procesador Core 2 Duo, ata 4 Gb de memoria RAM e 320 Gb de disco duro, saída HDMI, sistema operativo Windows Vista, funcionamento silencioso e de baixo consumo e, agora tamén opción de unidade de Blu-ray, polo que sería unha excelente opción coma solución multimedia para o salón ou a oficina.
O prezo de partida destes equipos sería de 699 euros (cun procesador Core 2 Solo e unidade de DVD) e chegará ás tendas a finais de mes.

PUBLICIDADE