Pequeno televisor LED de Blusens con Full HD e gravación/reprodución por USB

venres, 1 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Os televisores de tamaño reducido, habituais en dormitorios e cociñas, non teñen por qué prescindir da alta definición e de prestacións multimedia, coma demostra o Blusens H305, que conta cunha pantalla LED de 24 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, brillo de 300 cd/m2, contraste de 50.000:1, boa conectividade (HDMI, euroconector, VGA) e un porto USB que serve para conectarlle memorias ou discos USB dende os que poder reproducir contidos multimedia e gravar da TDT (en formatoTS, de xeito que conserva as distintas pistas de audio e os subtítulos).
Este televisor tería un prezo duns 300 euros e vén de ser analizado pola xente de Xataka, que considera que estamos ante un dispositivo moi atractivo, destacando que non presentou ningún problema ao reproducir contidos multimedia en formatos de alta definición coma o popular contedor MKV. Cómpre destacar que este televisor tamén está dispoñible en tamaños de 19, 22 e 32 polgadas e contan con fenda Common Interface para poder adaptarse á TDT de pagamento.

Análise en vídeo do Blusens H305 elaborada por Xataka

PUBLICIDADE