Phase: o Guitar Hero para iPod

martes, 6 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Os posuidores de reprodutores iPod con capacidade para executar xogos poderán gozar dun novo xogo de Harmonix/MTV chamado Phase que é moi semellante a Guitar Hero (consiste en seguir o ritmo de cancións) que, en vez de funcionar cunha guitarra eléctrica de xoguete se manexa con 3 botóns do reprodutor multimedia.
O xogo xa se pode mercar a través de iTunes por 5 dólares e permite empregar as cancións que o usuario engada a unha listaxe de reprodución especial chamada Phase Music. Unha ver elixida unha canción o xogo amosa unha pista tridimensional composta por 3 liñas nas que voan discos cara o usuario, quen deberá pulsar os botóns correspondentes para atrapar dos distintos discos cando pase polos puntos chave ó compás da música.
No desenvolvemento de Phase está involucrada a mesma compañía de títulos coma Guitar Hero e Rock Band, aínda que neste caso o xogo non se limita a unha listaxe de reprodución pechada, senón que «a túa música é o xogo».

PUBLICIDADE