Philips LightFrame: a luz ambiental chega aos monitores
mércores, 10 de xuño do 2009
Nos últimos anos
Philips levou aos televisores distintas tecnoloxías que incorporaban
iluminación aos seus marcos para que a experiencia do seu uso fose máis
agradable para a vista, e agora trasladan iso ás pantallas de ordenador, e
anuncian o monitor
Philips LightFrame para o mes de xullo, cando comezará
a venderse en España por 249 euros.
Este monitor de 22 polgadas ten un contraste de 12.000:1, un brillo de 300 cd/m2,
un tempo de resposta de 5 milisegundos, unha resolución de 1.680 x 1.050
píxeles, conexións VGA, DVI-D con HDCP, USB e, como xa comentamos, un sistema
de luz ambiental.