Philips SpeechAir: a gravadora de voz que funciona con Android
luns, 25 de abril do 2016
Philips comezou nos últimos dÃas a distribución dunha nova
gravadora de voz, a SpeechAir,
que sorprende por funcionar co sistema operativo Android, de xeito que
colocarÃase a medio camiño entre as gravadoras tradicionais e os smartphones,
facilitando funcionalidades coas que o usuario está familiarizado actualmente
como a pantalla táctil, a cámara e a conectividade Bluetooth e Wi-Fi, o que mellora
a facilidade de uso desta gravadora asà como a transferencia de gravacións sen
ter que empregar un ordenador, destacando por contar con opcións que facilitan
a gravación de chamadas de VoIP (para o que conta cun terceiro micrófono
especÃfico) como por permitir a transcrición de voz a texto tanto de xeito
automático como a través do servizo
Philips SpeechLive (onde hai profesionais encargándose de escribir os
documentos co noso ditado).
A gravadora Philips SpeechAir integra tres micrófonos (un direccional para o
recoñecemento de voz, outro de 360 graos para xuntanzas e ditados, e un
terceiro para telefonÃa IP), pantalla IPS de 4 polgadas cunha resolución de 800
x 480 pÃxeles, procesador Cortex-A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, 1 GB de RAM, 16
GB de almacenamento interno, cámara de 5 MpÃxeles, altofalantes frontal e
traseiro, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e baterÃa de 2.700 mAh (que achega unha
autonomÃa de até 12 horas de gravación). Mide 127 x 62 x 15 milÃmetros e pesa
116 gramos e funciona con Android 4.4.2. ComercialÃzase con auriculares e base
de carga.