Philips comercializa un monitor de 55" optimizado para a Xbox Series X
martes, 22 de xuño do 2021
En agosto chegará ao mercado español o monitor Philips
Momentum 559M1RYV, que presume de ser o primeiro monitor do mundo deseñado
para Xbox, xa que este monitor gaming
cun panel 4K de 55 polgadas conta con HDMI 2.1 para poder recibir do mellor
xeito posible o sinal da consola de Microsoft e pode reproducir contidos até a
120 Hz, conseguindo asà xogos ultra nÃtidos.
Este monitor para Xbox Series X diferénciase de televisores semellantes en que
o seu deseño está orientada a conseguir unha baixa latencia como prioridade,
para que o xogos vaian o máis fluÃdo posible e, para que a experiencia sexa
aÃnda máis completa, o novo monitor inclúe unha barra de son Bowers &
Wilkins de 40 watts. A pantalla ten certificación DisplayHDR 1000, incluÃndo
modos de HDR orientados a distintos tipos de contido (xogo, pelÃcula e
fotografÃa); a tecnoloxÃa Ambiglow tamén axuda a que a experiencia envolva máis
ao xogador grazas á iluminación ambiental que provoca; e a pantalla admite
frecuencia de actualización variable (VRR) que en Xbox Series X permite un
movemento máis fluÃdo, mentres que os xogadores de PC tamén verán con bos ollos
esta pantalla, que no seu caso pode funcionar até a 144 Hz en 4K.
O novo
monitor da marca Philips chegará ás tendas españolas a un prezo de 1.399 euros.
- Este enorme monitor inclúe unha barra de son para conseguir unha experiencia óptima