Photoshop integra a intelixencia artificial xenerativa

martes, 23 de maio do 2023 Marcus Fernández

No mes de marzo presentouse Adobe Firefly como unha ferramenta de intelixencia artificial xenerativa aplicada á creación de imaxes, e agora van un paso máis aló e integran esta tecnoloxía directamente en Photoshop a través da función Generative Fill ou Recheo Xenerativo, o que supón un importante cambio nos fluxos de traballo, xa que a aplicación de retoque e creación de imaxes de referencia abraza a xeración de imaxes con IA sen ter que recorrer a aplicacións externas.
A nova funcionalidade, que permite engadir, estender ou borrar contido de imaxes de xeito non destrutivo en segundos mediante instrucións de texto está xa dispoñible na nova versión de proba de Photoshop, integrándose na aplicación oficial na segunda metade do presente ano.
Photoshop xa integran dende hai anos ferramentas baseadas en intelixencia artificial, que normalmente limitábanse a axilizar tarefas, pero agora vai un paso máis aló aproveitando as posibilidades da intelixencia artificial xenerativa baseada nun adestramento con máis de cen millóns de referencias coa garantía para os creadores de que o catálogo de imaxes empregado é da propia Adobe, polo que crear contidos con esta ferramenta non será un problema de cara a conflitos por dereitos de autor.

PUBLICIDADE