Pico Neo, a solución móbil de realidade virtual que non depende dun smartphone
mércores, 20 de abril do 2016
Como
alternativa ás solucións de realidade virtual tipo Oculus Rift e HTC Vive (que
precisan dun ordenador potente), PlayStation VR (que dependen dunha PlayStation
4) ou incluso das Gear VR (que acaparan durante o seu uso un smartphone de alta
gama) están a preparar a solución Pico
Neo, que poderÃa considerarse como unha adaptación do concepto das Gear VR,
pero eliminando o teléfono da ecuación, de xeito que as lentes e os seus
accesorios incorporarÃan todo o hardware preciso para poder gozar dunha
realidade virtual móbil.
Esta curiosa solución consiste nun casco que integra dúas pantallas AMOLED de
3,81 polgadas (unha para cada ollo) cunha resolución de 1.200 x 1.080 pÃxeles a
90 Hz que integrarÃa sensores de movemento, cámara dual de alta definición, toma
para auriculares e un micrófono.
O cerebro deste produto estarÃa nun gamepad que leva no seu interior un procesador
Qualcomm Snapdragon 820 de catro núcleos a 2,2 GHz e 64 bits, gráfica Adreno
530, procesador de son Hexagon 680, 4 GB de memoria RAM LPDDR4, 32 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB) e unha
baterÃa de 5.000 mAh (que permitirÃa
unhas 3 horas de xogo continuo ou reprodución de vÃdeo).
Temos asà un produto cunha potencia comparable á dun teléfono Samsung Galaxy S7
e, o feito de que tamén funcione con Android 6.0, dá a entender que as súas
posibilidades para a realidade virtual serÃan moi semellantes, senón fose
porque desta volta non hai unha empresa como Oculus VR apoiando este curioso proxecto.
De feito, unha das cousas máis atractivas que poderÃa ter esta solución é que o
casco pode conectarse directamente a un PC (pero o soporte de aplicacións e
xogos que soporten este hardware probablemente só sexa anecdótico).
A Pico Neo tamén conta como accesorios cuns mandos opcionais que semellan unha
copia dos PlayStation Move de Sony, e o prezo do casco co seu mando
será de 3.399 iuans (464,94 euros), mentres que o casco solto venderÃase
por 1.899 iuans (259,76 euros), aÃnda que teremos que agardar ao verán para
poder facernos un destes produtos e asà comprobar se realmente teñen aplicación
práctica ou, en calquera caso, se teñen utilidade fóra do mercado chinés.