Pico proxector para iPhone a só 99 dólares

mércores, 2 de maio do 2012 Marcus Fernández

Aínda que a demanda dos pico proxectores aínda é moi reducida, existe un público interesado en poder amosar vídeos, páxinas web, fotografías e toda sorte de presentacións sobre unha superficie lisa en case calquera momento e lugar, e grazas ao seu tamaño compacto, xa non só casan ben con ordenadores portátiles, senón tamén con smartphones, factor que queren aproveitar dende Micron Technology, de aí que presenten o seu pico proxector PoP Video, que destaca por contar cun conector de 30 pins compatible co iPod Touch e co iPhone 4/4S que conseguiu deixar o seu prezo nuns axustados 99 dólares (moito menos dos 229,99 dólares que custan outros dispositivos semellantes), aceptando xa encargos (aínda que sen concretar a data na que se enviarán os pedidos).
O PoP Video mide 112,8 x 48 x 17 milímetros, pesa 98 gramos, conta cunha batería recargable por microUSB (cunha autonomía dunhas 2 horas) e pode proxectar unha imaxe de 960 x 540 píxeles controlada mediante unha aplicación para iOS 5.0 ou superior.


Vídeo promocional do PoP Video de Micron Technology

O uso de pico proxectores axuda a socializar ao redor dos contidos no móbil

PUBLICIDADE