Pinball FX2 estrea versión para Xbox One

xoves, 14 de agosto do 2014 Marcus Fernández

O xogo Pinball FX2 chega hoxe á Xbox One como descarga de balde incluíndo a mesa Sorcerer’s Lair, á que poden engadirse outras mesas de deseño coidado baseadas en franquías como Star Wars, os heroes da Marvel ou xogos como Plants vs. Zombies, que son contidos de pagamento. Este título adiou o seu lanzamento para a nova consola de Microsoft para poder incorporarlle unha funcionalidade moi demandada: a posibilidade de importar mesas que xa se mercasen na súa versión para Xbox 360, evitando así que o usuario teña que pagar dúas veces polo mesmo contido.
Este xogo ampliará constantemente o seu catálogo de mesas de pinball, que poden mercarse de xeito individual ou en lotes, o que garante a súa frescura. Esta versión do xogo permite que poidamos gozar de gráficos a 1.080p e animacións a 60 fotogramas por seguindo, así como participar de torneos mundiais.
Cómpre destacar que está previsto que o 28 de agosto Pinball FX2 reciba unha mesa baseada en The Walking Dead, que de seguro que será moi ben recibida polos seareiros desta banda deseñada de mortos viventes.

JPEG - 162.4 KB
Pinball FX2 conta con coidadas mesas descargables de franquías recoñecidas, facendo realidade un soño que actualmente non pode vivirse en salóns recreativos

PUBLICIDADE