Pioneer anuncia novas solucións para facilitar que os maiores poidan escoitar ben a televisión
mércores, 8 de maio do 2013
Pensando
na xente maior con dificultades auditivas que se acentúan á hora de gozar da
televisión incluso co son bastante elevado Pioneer vén de achegar unha nova liña de
dispositivos pensados para facilitarlles a comprensión da voz na televisión
sen molestar ao resto dos membros do fogar ou aos veciños con elevando
excesivamente o volume do televisor.
Unha destas solucións é o altofalante sen fíos WMS-550, que transmite o son do
televisor a un altofalante de curto alcance (ata 30 metros) para achegar
fisicamente a fonte do son ao espectador, evitando así ter que elevar o volume
do televisor. Este sistema tamén conta cunha función de voice boost, ou sexa, que amplifica o rango de frecuencias da voz
humana con só premer un botón, facendo que sexa máis doado escoitar os diálogos
nos informativos e series de televisión. O receptor sen fíos deste sistema
funciona cunha batería que pode recargarse con só pousalo sobre o emisor.
Outra solución bastante interesante de Pioneer é o sistema VMR-M770, que é un monitor
de voz que intercepta e reproduce as voces (incluíndo as que saen do televisor)
ao redor a través duns auriculares, amplificando as frecuencias da voz humana
para engadir claridade tanto aos diálogos en programas de televisión como a
conversas con outras persoas.
Estes dispositivos chegarán
ao mercado no mes de xuño a un prezo recomendado de 249,99 euros para os
altofalantes VMS-550 e de 349,99 euros para a solución VMR-M770.