PlayStation estrea blog oficial en español

martes, 24 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Mónica Revilla, relacións públicas de Sony en España, deu a benvida aos lectores á nova bitácora de Internet

Os usuarios da PlayStation 3 e da PSP poderán consultar as novas para estas plataformas directamente de Sony e en español grazas a un novo blog oficial que presentou esta semana a relacións públicas de Sony en España, Mónica Revilla, quen asegura na súa entrada de presentación que agarda que os usuarios comenten o que buscan dese novo espazo, pois non pretenden suplantar a páxinas web que actualmente xa informan sobre xogos, senón complementalas, con informacións sobre vindeiros lanzamentos e presentacións, detalles sobre xogos, etc.
Polo momento, o blog oficial de PlayStation en español xa comenta a presentación aos medios de SingStar Mecano na compaña de Ana Torroja e o 5º aniversario de Killzone, servindo así de exemplo do que dará de si esta web no futuro.

PUBLICIDADE