Pluma para o iPhone e o iPod Touch
luns, 3 de decembro do 2007
Aínda que a principal vantaxe das pantallas
táctiles do iPhone e do iPod Touch estea no feito de que se poden manexar
directamente cos dedos sen precisar dunha pluma especial, pero os dedos non
teñen a mesma precisión que un lapis especial e luxan excesivamente a pantalla
coa graxa habitual nos mesmos, polo que xa se vende o Pogo Stylus, que é una pluma
máis fina, limpa e precisa que a xema dun dedo, que se vende cun accesorio para
suxeitala no lateral do iPhone ou do iPod Touch, e se vende por 24,95 dólares
(uns 17,03 euros).
O destacable desta pluma é que funcione sobre pantallas adaptadas ós dedos,
pois as plumas empregadas en móbiles e PDA non funcionan sobre as pantallas
multi-táctiles de Apple.