Pokéland, o novo xogo móbil de Pokémon que están a probar no Xapón

mércores, 31 de maio do 2017 Marcus Fernández

A franquía de Pokémon continúa a buscar sorte en dispositivos móbiles, e agora están a probar no Xapón unha versión alfa de Pokéland para Android no que están presentes actualmente 6 illas, 52 escenarios e 134 tipos de Pokémon. Este xogo estará dispoñible máis adiante tanto para iOS como para Android, funcionará coas contas de usuario de Nintendo e precisará de conexión á Rede para funcionar, pero en vez de pertencer á serie orixinal de Pokémon estaría máis próximo a Pokémon Rumble, xogo descargable para Wii lanzado en 2009 e desenvolvido por Ambrella. A alfa do xogo desenvolverase até o día 9 de xuño, e polo momento non se sabe se verá a luz fóra do Xapón.
O xogo permite capturar, adestrar e combater con Pokémon, pero sen ter que pasear pola rúa como con Pokémon Go, e parece que apostará por un modelo de negocio free-to-play, xa que no xogo haberá zonas que se desbloquearán mediante diamantes (a moeda propia do xogo).

Vídeo no que podemos ver Pokéland en acción

PUBLICIDADE