Pokémon GO chega oficialmente a España
venres, 15 de xullo do 2016
Tras o seu lanzamento en Nova Zelandia, Australia e EE.UU.,
o agardado xogo Pokémon GO desembarcou en
Europa a través de Alemaña e, finalmente, espallouse até Italia, Portugal e
España, de xeito que xa podemos descargar
este xogo para móbiles da App Store e de
Google Play, sen ter que recorrer a métodos non oficiais para poder sumarse
á febre que está a invadir a medio mundo.
Resultaba curioso ver como, sen que o xogo estivese oficialmente dispoñible en
España, a pasada fin de semana xa se fixese notar nas rúas galegas, con
milleiros de usuarios probando a captura de criaturas Pokémon no mundo real, á
vez que Ãan chegando datos do impacto deste fenómeno nos EE.UU., onde o xogo terÃa
superado en usuarios activos a Twitter. De feito, hai un par de dÃas
estimábase que o 10,81% dos smartphones norteamericanos terÃan instalado o xogo
e o 5,92% farÃan un uso diario do mesmo, mentres que en España, co xogo non
dispoñible nas principais tendas de descargas, estas porcentaxes chegarÃan ao
3,05 e a o 1,61%, o que é un volume impresionante para unha aplicación non
estreada oficialmente.
En EE.UU. xa se considera que Pokémon GO
é o meirande xogo móbil da historia, de ter en conta o seu pico de usuarios
activos no mesmo dÃa, superando ao Candy
Crush Saga (que chegara ao seu teito en 2013) e desbancando ao éxito
actual, Clash Royale. En Android a
aplicación incluso superarÃa a Snapchat e incluso á aplicación de Mapas de
Google, deixando claro que é todo un fenómeno, que destaca polo seu nivel de enganche, xa que os usuarios que
sucumbiron á febre dedican máis minutos ao dÃa a capturar Pokémon que a
empregar a aplicación de Facebook.
Tráiler do xogo