Pokémon GO incorporará novas criaturas esta semana
mércores, 15 de febreiro do 2017
Nun
momento no que parecÃa totalmente esquecida a aplicación móbil de Pokémon GO, que o pasado verán
convertérase nunha auténtico fenómeno de masas a nivel global, anuncian que esta semana terá unha
grande actualización pola que os seareiros da franquÃa levaban meses
esperando, xa que incorporará aos máis de 80 criaturas Pokémon da rexión de
Johto, que aparecÃan nas edicións Ouro e Prata do xogo para consolas
portátiles.
Pero o xogo non só estreará a criaturas como Chikorita, Cyndaquil, Totodile e
moitas outras, senón que tamén incluirá novas evolucións para algunhas das
criaturas descubertas na rexións de Kanto, asà como tamén aparecerán novos
elementos nas PokéParadas, que serán necesarios para evolucionar a certos
Pokémon.
Cando atopemos un Pokémon solto tamén reaccionarán de xeitos diferentes, de
xeito que enriquecerase a caza de Pokémon, asà como tamén contaranse con novos
cebos, novos avatares e novos elementos para personalizar aos adestradores, ou
sexa, que estariamos ante a grande actualización que os xogadores de Pokémon GO
esperaban para recuperar o interese por este tÃtulo móbil.
VÃdeo no que anuncian a actualización de Pokémon GO