Pokémon Sol e Pokémon Luna chegarán a Nintendo 3DS a finais de ano
venres, 26 de febreiro do 2016
Para
celebrar os 20 anos da franquÃa Pokémon, Nintendo emitiu
hoxe un especial Pokémon Direct, no que Tsunekazu Ishihara, director executivo e presidente de The Pokémon Company,
achegou novas da súa firma dende a súa sede en Tokio, comezando cun
recordatorio: mañá a
eShop da Nintendo 3DS permitirá descargar os xogos orixinais de Pokémon (Edición Roja e Edición Verde) coincidindo co 20 aniversario do seu lanzamento
no Xapón. Tamén estará dispoñible Pokémon
Edición Amarilla: Edición Especial Pikachu. Este xogos permitirannos
explorar a rexión de Kanto e revivir a emoción dos primeiros xogos da franquÃa,
conservando tanto a aparencia como o modo de xogar orixinais, aÃnda que
incorporando melloras como a compatibilidade co Banco de Pokémon. Os combates e
os intercambios entre os tres xogos tamén gozarán dun grande avance: poderán
realizarse sen fÃos, sen ter que usar o Cable Link.
Tras este toque de nostalxia Ishihara amosou o tráiler de presentación dos xogos
Pokémon
Sol e Pokémon Luna, que chegará
á Nintendo 3DS a finais do presente ano e estrearán un mundo novo, moitos máis
Pokémon e novas aventuras, podendo tamén empregar o Banco de Pokémon para transferir
os Pokémon atrapados nas versións anteriores da saga.
Un detalle no que destacan os novos xogos de Pokémon é que chegarán
directamente traducidos a 9 idiomas (entre os que figura o español) de xeito
que non haberá que agardar entre o lanzamento xaponés e o do resto do mundo, á
vez que se facilita a introdución á saga dos xogadores chineses (xa que o
chinés tradicional e o simplificado son as dúas linguas que integra este xogo
como novidade), deixando claro que Nintendo quere evitar que o idioma sexa unha
barreira para gozar dos Pokémon.
Tráiler dos novos xogos de Pokémon que chegarán a finais de ano