Polaroid estrea unha cámara dixital instantánea
xoves, 10 de novembro do 2011
Coa
fotografía dixital caeron na obsolescencia as cámaras instantáneas de Polaroid,
pero a compañía quere recuperar o seu espírito e anuncia
a Z340 Intant Digital Camera, unha cámara dixital de 14 Mpíxeles que
integra unha impresora ZINK, o que permite facer copias en papel das nosas
imaxes (nun tamaño de 7,62 x 10,16 centímetros).
Esta nova cámara ten unha pantalla LCD de 2,7 polgadas, almacena as fotografías
en tarxetas SD, inclúe 10 follas de papel Polaroid ZINK (que poden
comprarse en paquetes de 30 unidades por 19,99 dólares) e está dispoñible
para a súa venda dende hoxe a un prezo de 299,99 dólares (220,19 euros).
Non parece a opción máis atractiva no mercado, especialmente dende que é
posible adquirir impresoras fotográficas portátiles a un prezo atractivo, o que
permite disparar as imaxes cunha cámara cunhas prestacións superiores ás da
Polaroid Z340, que non parece nin cómoda nin cunha calidade aceptable para o
que estamos afeitos actualmente.