Polaroid prepara o lanzamento dunha impresora fotográfica instantánea
mércores, 14 de novembro do 2007
As cámaras Polaroid achegaron ó público o concepto
da fotografía instantánea, pero xa son cousa do pasado, aínda que a súa filosofía
se pode trasladar á fotografía dixital grazas a un produto que Polaroid
desenvolve con Zink, consistente nunha impresora fotográfica que se pode
empregar para levar ó papel tanto imaxes tomadas cunha cámara dixital como a
través do móbil.
A Digital
Instant Mobile Photo Printer produce fotografías de 2 x 3 polgadas a sangue
(sen bordes) e parece que a súa chegada ó mercado de consumo vai ser inminente.