Poñen á venda na India un grande smartphone a un prezo cativo

venres, 14 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Parece que non só na China están a comercializar smartphones a prezos competitivos, senón que na India tamén venden terminais moi atractivos, como o novo Lava Xolo A800 que por só 11.999 rupias (167,36 euros) ofrece un móbil con Android 4.0, unha xenerosa pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb (inclúe unha de 8 Gb), Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, espazo para dúas tarxetas SIM, cámara traseira de 8 Mpíxeles con flash LED e funcións avanzadas (como HDR), cámara frontal VGA (para videoconferencias), batería de 1.600 mAh e un grosor de 10,5 milímetros.
Unha combinación modesta de características que grazas á súa pantalla de grande tamaño, o soporte de dobre SIM e o seu prezo moi axustado podería gozar de grande éxito, e de seguro que moitos consumidores de fóra da India estarían encantados de conseguir.

PUBLICIDADE