Popfly permite crear mashups sen escribir código

luns, 21 de maio do 2007 Marcus Fernández

Microsoft presentou un novo servizo web que permite desenvolver mashups (mestura de distintos servizos web) cunha ferramenta visual baseada Silverlight (novo engadido de Microsoft para os navegadores web) de xeito que os usuarios non precisan de escribir código.
Popfly aínda está nunha fase de probas pouco madura, e con sinxelas operacións de desprazamento de caixas ou ligazón das mesmas se pode integrar un servizo de busca de imaxes co Microsoft’s Virtual Earth. O resultado acadado poderá empregarse dende calquera web mediante un codigo HTML subministrado por Popfly.
Microsoft creou este servizo para achegar a creación de aplicacións por parte de non-profesionais, ante as dificultades que se atoparon ata o momento no emprego do Visual Studio Web Express (aplicación de balde creada por Microsoft para o mesmo uso, pero que precisaba da introducción de código) e agardan así a popularización da creación de novas aplicacións web baseadas nos seus servizos en liña.

PUBLICIDADE