Port Designs propón elegantes maletíns en cor para San Valentín
xoves, 21 de xaneiro do 2010
Port Designs, fabricante de solucións de
transporte, protección e ergonomía para ordenadores portátiles, volve a por de
manifesto a súa aposta pola cor en todo o referente a accesorios para estes
dispositivos, e vén de presentar, desta volta con vistas a sorprender ás nosas
parellas por San Valentín, os elegantes maletíns Manhattan Cor, o seu último lanzamento no mercado español.
Estes maletíns están pensados para o
público femenino e combinan un sobrio e sofisticado deseño, de corte executivo,
con alegres cores que permiten aportar un toque de orixinalidade ás reunións de
traballo.
Esta familia de produtos está dispoñible
en ata cinco cores diferentes, que van dende o gris ou o verde oliva, ata o
vermello e incluso o rosa para as máis atrevidas.
Fabricados en nailon balístico de alta
resistencia (1680D), os maletíns Manhattan Cor son funcionais e atractivos á vez.
Esta calidade convérteos, segundo os seus responsables, “no complemento perfecto para aquelas usuarias que consideran o maletín
para o seu portátil un accesorio de moda máis, como poden ser os zapatos ou o
cinto”. Son compatibles con pantallas de ata 16 polgadas e dispoñen dun peto dianteiro, separado do compartimento para o portátil, para gardar
accesorios, e dunha correa que permite fixalos ao brazo telescópico dunha
maleta trolley.
Asemade, este modelo permite transportar
o ordenador con total seguridade xa que os laterais están reforzados con
polietileno, o que lle aporta ao portátil unha maior protección, e a pantalla
viaxa segura grazas ao sistema Screen
Protector, consistente nunha correa de fixación extra. A parte inferior
dispón de cinco pes de plástico para evitar rozaduras ao apoiar o maletín no
chan.
O prezo destes maletíns, que teñen garantía
de por vida, é de 49,99 euros e xa están dispoñibles á venda nas tendas Media Markt,
PC City e Saturn.