Portátil convertible reforzado con altas prestacións
venres, 17 de decembro do 2010
Os ordenadores
portátiles reforzados son habituais en contornos industriais e militares para
poder operar en condicións ambientais agresivas, sen que a integridade dos
equipos estea comprometida, e normalmente estamos ante equipos de prestacións
básicas, pero GammaTech Computer co seu novo portátil convertible D12C
quere cambiar a situación, incorporando unha pantalla táctil de 12,1 polgadas
cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, un procesador Intel Core i5-540UM, ata
8 Gb de memoria, webcam de 1,3 Mpíxeles, Wi-Fi, Bluetooth 2.1 opcional, Gigabit
Ethernet, lector de tarxetas de memoria, lector de pegadas dixitais, batería de
6 celas (cunha autonomía para unhas 4 horas) e asa de transporte.
Este
ordenador cumpre co estándar de resistencia a golpes de grado militar
(MIL-STD-810G), tamén soporta o derrame de líquidos e o po (en todos os seus conectores). Pode
gardar datos nunha unidade de 2,5 polgadas (disco duro ou SSD) coa posibilidade
de utilizar unha segunda unidade coma copia de seguridade e é funciona con
Windows 7. Ten unhas dimensións de 32,8
x 27,7 x 4 centímetros e pesa 2,5 quilogramos.